Encol do noso universalismo
Plácido Ramón Castro del Río
A Nosa Terra, 25/07/1932.
Nunhas recentes declaracións, publicadas pouco despois da sua acertada intervención na discusión do Estatuto Catalán, dixo o Sr. Osorio Gallardo que Hespaña teria de cumprir no porvir outras misións de caraiter internacional, indicando como a maís prósima dado o xeito pacifista do noso novo réxime, unha cruzada en defensa da paz, do desarme e da irmandade dos pobos.
Nos, galeguistas, que incruimos no noso programa o principio «Galicia célula de universalidade anti-imperialismo, federalismo internacional, pacifismo», temos de acoller con agarimo e simpatía as ideas expostas polo ilustre político hespañol. E tamén temos dereito a soster ainda que isto resulte paradóxico para os «universalistas» que nos chaman arredistas que somos nos, en hespaña, na nosa homilde esfera, os que nos atopamos maís identificados coas arelas eispresadas pol-o Sr. Osorio, xa que a realización do noso programa, e dos ancellos de outros pobos onde eisisten movementos semellantes ao noso, sería o paso maís decisivo cara a paz e a irmandade de todal-as as nacións.
Estudiar eiquí os feitos históricos, lonxanos ou contemporáneos, facer un eixamen da política internacional do momento e do seu probabre desenrolo, co ouxeito de confirmar co mundo camiña por vieiros que veñen a confirmar a nosa tesis nacionalista, seria unha laboura longa demaís para realizar n-un corto artigo, somentes se poden apuntar unhas cantas ouservacións suxeridaas polas verbas do Sr Osorio. A primeira é a necesidade de lembrarsede os maís fondos conflictos da política internacional relaciónanse con problemas de minorías e de autonomías, que hoxe esisten na maioría dos Estados de todol-os continentes, ainda despois do triunfo recente de numerosos movimentos nacionalistas. A solución dos problemas d-iste caraiter é unha das etapas imdispensabres na loita da pacificación do mundo ceibando aos pobos que se sinten asoballados, e debilitando ao mesmo tempo os grandes Estados imperialistas. Si Hespaña dexesa xogar un papel importante nas xuntanzas das nacións, ten de ter en conta as realidades. Para ter un prestíxio e unha autoridade por enriba de todas as discusións, debe Hespaña resolver os seus propios problemas autonómicos denantes de pretender intervir coma mediadora nos preitos alleos. Unha Hespaña constituida por nacións autónomas sería si dúbida algunha, na vida internacional, un provir moito maís brillante que un Estado unitario. Sería diante do mundo un exemplo diino de imitanza…
Esto en canto a actuación do conxunto hespañol. Pero ademaís na Hespaña que nós soñamos, habería unha Vasconia e unha Cataluña en intimo contaito espritual coas terras irmás de Francia; e, o que é maís importante unha Galicia que tería liberdade para cumprir a sua misión histórica de aproximación a Portugal e ao Brasil alén das suas relacións sentimentais coas terras céltigas espalladas pol-a veira do Atlántico.engádese a isto anatural irmandade de toda Hespaña coas nacións americanas de fala en castel´na e con Filipinas, e compréndese que o conxunto formaría unha verdadeira Sociedade de Nacións con posibilidades de universalismo igualada somentes polo conxunto de pobos de fala inglesa.
Velahí o noso xeito de enternder a universalidade, algomaís práctico, maís humán, maís moderno do suposto universalismo dos que nos falan do da fala de Cervantes ou das xestas históricas da Hespaña inperialista. E a proba de que non incurrimos en contradicción cando sostemos que a Hespaña que nós queremos é a federación de nacións ceibes e a base do auténtico universalismo e do porvir internacional do Estado hespañol que acadaría entón no mundo unha enorme influencia afincada na sua faza esperitual, única forza que nós respeitamos, e única que arelamos exercer.
P. R. Castro.
Posted on 2021/06/17
0